Dende flocos.tv chéganos está curta na que o mito do “científico tolo” é revisitado:
Unha cidade pequena, en Galicia, duns 100.000 habitantes. Un vagabundo que vive nunha choupana nun descampado aos arredores. Un doutor (veterinario) cun laboratorio secreto.
As súas vidas crúzanse e emprenden xuntos unha investigación a través do coñecemento do ser humano e a súa sociedade actual, co obxectivo de ver a futura evolución do home.
Como froito do experimento, o vagabundo dorme durante uns 10.000 anos. Ao espertar, atópase con que o mundo que coñecía desapareceu.
Hai vida vexetal e animal, pero nin rastro de humanos. Tras vagar uns días, atopa homes, pero antes sequera de poder entender demasiado o que acontece, atópase fuxindo deles, pois parecen caníbales. Acurralado e asustado, intenta a comunicación.