Ola ,-)

Ola

O meu nome é Luis M Pérez González e son o profesor da asignatura Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º bacharelato no I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo. Coordino , modero e aprendo xunto cos meus alumnos/as na elaboración do Blogue. Un dos nosos obxectivos e amosar o traballo na aula cara o exterior, e poder así compartir as nosas experiencias dun xeito máis dinámico e próximo facendo uso das ferramentas que temos na Rede . Espero que o blogue sirva como vehículo de aprendizaxe , comunicación e dinamización da materia o longo do curso .

O blogue permítenos coñecer a través dos comentarios as vosas opinións sobre os temas que os alumnos/as traballan na clase. Esas opinións son moi importantes e motivadoras para nos. Non deixedes de contarnos as vosas ideas. Queremos escoitarvos ,-).

Realmente temos tantos blogues como alumnos/as. Uns 50 aproximadamente .Cada alumno/a , no seu blogue particular , poderá desenrolar os temas que consideren oportunos dun xeito máis informal e persoal, moitos deles son moi interesantes. Temos boas sorpresas nos blogues persoais. Podedes acceder a eles a través do blogue da asignatura. Tamén esperan comentarios ,-)

E para comezar e a modo de presentación unha pequena entrevista no pasado FICOD 2008 na que falo sobre a incorporación dunha rede wi-fi no O Rosal, o pobo onde traballei o ano pasado.

entrevista-redes1

A entrevista completa a podedes ver premendo aquí. ou clikando sobre a imaxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s