Choiva ácida

O fenómeno da choiva acida

converteuse nunha das iconas da degradación do medio natural provocada pola industrialización. Prodúcese cando o dióxido de xofre e os óxidos de nitróxeno reaccionan co osíxeno atmosférico e se disolven na auga da choiva, formando os ácidos sulfúrico e nítrico. O vento pode provocar que estes corrosivos elementos percorran miles de quilómetros antes de se precipitaren a xeito de chuvia, xeada, sarabia, neve ou brétema, e mesmo a xeito de gases e de partículas ácidas, o que se coñece como “deposición seca”. Aínda que a natureza tamén xera estes gases, por exemplo a partir do magma volcánico, os principais responsables deste problema ambiental son as emisións causadas polos medios de transporte, as centrais térmicas que queiman combustibles fósiles, as plantas industriais e o amoníaco do esterco das explotacións gandeiras intensivas.
Efectos nocivos

Os efectos sobre o medio natural son notables. A auga tórnase máis ácida, o que pode provocar a desaparición da vida animal e vexetal de lagos, canais e ríos. Diversas especies de peixes, liques, musgos e fungos, algúns esenciais para a masa forestal, e mais os organismos acuáticos pequenos son os máis afectados. A diminución da presenza arbórea aumenta ademais a posibilidade de avalanchas e de corrementos de terra, pondo en perigo as poboacións próximas.

O proceso de acidificación tamén pode reducir a fertilidade dos solos e liberar metais que poden danar os microorganismos da terra, así como a paxaros e a mamíferos superiores da cadea alimenticia, e mesmo ó ser humano.

Para mas información pulsar aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s