A bulimia

Boas,

Chámome Pilar Costas e mediante a aparición desta nova asignatura (ccmc) ,ciencias do mundo contemporáneo, imos a facer un blog sobre os temas que se tratan nesta materia. Somos de 1ª de bacharelato do instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo. Imos intentar facer un blog ameno, con contidos sobre as ciencias do mundo contemporáneo, eu en concreto falareivos sobre o tema da saúde, hábitos saudables, enfermidades, transtornos alimentarios, dieta equilibrada…etc. O blog actualizarase semanalmente, e esperamos que vos guste e que comentedes moito. A continuación falareivos do meu primer tema a bulimia:


A bulimia é unha desorde alimenticia, causada pola ansiedade e sobre todo por unha preocupación excesiva polo seu peso e aspecto corporal. Os enfermos/as desta enfermidade teñen unha imaxe distorsionada do seu corpo e vense gordos/as aínda cando o seu peso é normal ou presentan un estado de extrema delgadez.Esta enfermidade psicológica caracterízase por períodos de ingestión abusiva de alimentos seguido de un gran sentimento de culpabilidade asociados a vómitos e o consumo de medicamentos, laxantes, diuréticos e realizan moito exercicio físico. Suele alternarse con episodios de ayuno pero o poco tempo volven a sufrir grandes inxestións de alimentos, a pesar de que o tipo de comida que consumen nos atracóns pode ser variada, normalmente son doces e alimentos con moitas calorías, como xelados, chocolate… Os vómitos, os períodos nos que prácticamente non comen nada, o consumo de laxantes, diuréticos.. provocan cambios moi bruscos do peso corporal, depresións, inflamacións abdominais, erosión dos dentes…etc.A anorexia nerviosa e a bulimia son desordes alimenticios que padecen mayormente os adolescentes, e sobre todo as rapazas. Quen as sofre adoitan ser persoas autoesixentes , perfeccionistas, con baixa autoestima e teñen un sentimento de culpa por comer demasiado.A moda e a influencia dos medios de comunicacións teñen moito que ver, xa que as modelos por exemplo están sometidas a gran presión para satisfacer o ideal de beleza que impón a moda, este ideal exixe a maxima delgadez.Os medios de comunicación contribuen a esta enfermidade cos anuncios de produtos para adelgazar fácil, prendas de vestir… Hoxe en día nesta sociedade de consumo o modelo de delgadez véndese coma un produto máis e sempre como sinónimo de éxito, non hai máis que ver as modelos das pasarelas nas que prácticamente case todas están en estado de delgadez absoluta. Eu creo que non só os medios de comunicacións e a moda teñen a culpa, penso que a familia tamén ten que ver xa que non e o mesmo ter uns pais que estén pendente de ti a uns que son distantes e críticos, e que sempre che estean a decir todo o que fas mal e nunca che feliciten por algo que fas ben, supoño que isto tamén ten que ver, xa que as persoas obsesiónanse para intentar ser “perfectas” e sobre todo para intentar conseguir de todos os medios posibles ser o que os demais queren que sexan, isto demostra que as persoas que o padecen son moi inseguras e non se aceptan a si mesmas.

*Para máis información click AQUÍ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s