Ciencias do Mundo Contemporáneo / 1ºC

Entries tagged as ‘saúde’

O Alcohol

Decembro 8, 2008 · Deixa un comentario

alcohol

1. Alcohol que é?

O alcohol é unha substancia depresora do sistema nervioso central; ademais de ter efecto sobre o cerebro e variar algunhas das súas funcións (coordinación, atención, memoria…), o seu uso continuado tamén afecta a outros órganos como os riles, o fígado ou o sistema circulatorio. Inicialmente, os efectos do alcohol son sutis, pero poden ser perigosos porque unha persoa baixo os seus efectos no é un bo xuíz da súa conducta.

2. Consecuencias do abuso do alcohol.

*O abuso do alcohol produce enfermidades do sistema dixestivo como gastrite, úlcera,cirrose, algúns tipos de cancro, lesións no sistema nervioso, perda da memoria, impotencia, esterilidade , dependencia..

* Outra consecuencia é a obesidade, debido á gran cantidade de calorías que contén, e a desnutrición, como resultado da mala alimentación que adoita acompañar ó alcolismo.

3. O alcohol no embarazo.

*O consumo de bebidas alcohólicas resulta moi perigoso durante o embarazo. O alcohol produce atraso no crecemento do feto e lesións no corazón e no cerebro.

4. Efectos adversos del alcohol.

- O riesgo de ter un accidente de tráfico.
- Distraccións no traballo.
- A tendencia o homicidio ou ao suicidio.
- Riesgo de danar o feto duranto o embarazo.
-Condutas antisociais e criminalidade.
-Violencia doméstica.

5. Beneficios del alcohol consumido moderadamente.

- Calquer estudo sobre o alcohol demostra que o seu consumo moderado ten beneficios para a saúde.
-Investigacións levadas a cabo no ano 1999 demostran que o consumo moderado de alcohol (básicamente de viño tinto) disminúe o riesgo de embolia, pero consumir elevadas cantidades de alcohol aumenta o riesgo de ataques.

- Información sacada das páxinas web dos links e do libro de texo vicens vives.

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , , , , ,

A dieta equilibrada

Decembro 2, 2008 · Deixa un comentario

piramide

Unha dieta equilibrada é aquela que achega todos e cada un dos nutrientes necesarios para realizar as funcións vitais, como sintetizar moléculas ou proporcionar enerxía.

*As calorías necesarias deben ser achegadas entre un 50% e un 55% polos hidratos de carbono, dun 30% a un 35% polas graxas e dun 10% a un 15% polas proteínas. A variación é o idóneo desde o punto de vista do benestar, permitíndonos disfrutar, ademáis, da riqueza dos distintos sabores, olores e aromas.

* Os alimentos máis adecuados para previr o cancro son froitas, verduras, cereais integrais…Existe evidencia de que o consumo de froitas e verduras diminúe o risco de cancro de colon e recto. Pola contra, o alcohol, a carne, as dietas graxas e a obesidade incrementan o risco de moitos cancros.

*É aconsellable que a distribución de calorías ó longo do día sexa máis ou menos a seguinte:
-25% débese tomar no almorzo.
-30-40% na comida do mediodía.
-10-15% na merenda.
-20-30% na cea.
<a

-Seguir unha dieta equilibrada e facer algo de exercicio preveñen moitas enfermedades: cardiovasculares, obesidade…etc

- As páxinas de ónde saquei a información encontranse nos links.

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , , , , ,